fbpx

Exposición MULHERES, de Mercedes Vázquez Saavedra

Compárteo!

22 Novembro, 2019 20:00

Viana do Bolo, Ourense

Viana do Bolo

  • Localidade

    Viana do Bolo

Exposición MULHERES, de Mercedes Vázquez SaavedraEste venres 22 de novembro, inaugúrase a Exposición “MULHERES”, de Mercedes Vázquez Saaveddra, na Sala de Exposicións do Concello de Viana do Bolo.

Tomando palabras da autora de dita exposición:

“Hoxe día importante para as MULHERES, e tamén día d@s músico@s, estou decantando versos, no decantador do vinho grialico, que move a palabra ao rítmo das corcheas, fusas e semifusas, no pentagrama da vida, as veces dura, durísima para moitas MULHERES, polo que entre tod@s, decantemos versos na desfolhada do outono, que nos leva ao escuro inverno, onde a palabra xurde do íntimo, e vai polo mundo na busca do eco, facéndose oir. Palabra musical sonora, na busca dos versos, onde as MULHERES teñen a palabra, que xurden do íntimo, do profundo e matriarcal: Da TERRA.

Días das mulheres, -que terían que ser tódolos días-, MULHERES que berran SOS polas rúas. Parafraseando a MINHA AMIGA PORTUGUESA A POETA HELENA BRANCO que lembro e encordo nestes días, coa POETA GALEGA DE VIANA DO BOLO, NIEVES FDEZ VIDUEIRA, que me acompanara mañá día 22 na presentación da exposición MULHERES, baixo a batuta de Ovidio Vilar, que dara pé á xuntanza lírica, presentada polo sr Alcalde de Viana, Secundino Fdez, e Paul Ferón, testemuña do pasado das mulheres da raia na irmandade galaica.

E todo isto, grazas á proposta da exposición MULHERES, por parte de Jorge Minas, dinamizador cultural do entroido de Viana, no que as MULHERES estarán presente, noutra mostra da que daremos conta axiña.”

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close