fbpx

exposición fotográfica “A CRIANZA NO RURAL OURENSÁN. DA CIDADE Á ALDEA” de Flora Pérez Mombiedro

Compárteo!

15 Febreiro, 2020 20:00

O vindeiro sábado 15 de febreiro ás 20 h. inauguramos a exposición fotográfica “A CRIANZA NO RURAL OURENSÁN. DA CIDADE Á ALDEA” de Flora Pérez Mombiedro.

Cuarto emprazamento desta exposición fotográfica, que trata sobre a crianza por parte de familias que emigraron da cidade á aldea para ofrecer ás súas fillas e fillos unha mellor calidade de vida, e unha reconexión coa natureza e coa liberdade de movemento.

A fotógrafa Flora Pérez, que nos ofrece esta visión da súa experiencia en primeira persoa, quere compartir as bondades deste tipo de vida como gran beneficio para o benestar das crianzas, e declarar abertamente que se se quere, se pode.

Por iniciativa da autora o 50% dos beneficios obtidos da venda das fotografías irán destinados á Fundación ACNUR, para que tódalas nenas e nenos en situación inxusta disfruten algún día dunha infancia digna por dereito.

Gozaremos da súa compañia e faremos xantar de traxe. Esperámosvos

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close