fbpx

Exposición αισθητικος de Alfonso Rodríguez no Ollo Ledo

Compárteo!

17 Xaneiro, 2020 20:00 - 23:00

Ollo Ledo (Ourense)

Praza das Mercedes, 5 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Foto de Alfonso Rguez Rodríguez.Inauguración da exposición fotográfica αισθητικος este venres 17 de xaneiro ás oito no Café Ollo Ledo en Ourense (Parque das Mercedes)

Nela poderás tomar algo na barra ou abaixo ollando as fotos. Se queres non tes porque tomar nada. Poderás fumar fóra, dronga incluso. Se queres podes saír a respirar simplemente.

Tamén poderás falar co autor criticándoo ou simplemente saudándoo. Se che apetece, se queres… Non tes porque facelo. Podes obvialo ou miralo de reollo, cantarlle as corenta ou as vinte ou “a las barricadas”. Tamén poderás falar con outra xente (se a houber) Intercambiar pareceres sobre a exposición ou outros asuntos. Incluso poderás estar caladx. Sabes que poderás mercar algunha foto mais tampouco (o habitual) tes porque facelo.
Hai unha foto que o seu valor económico iría destinado a unha doazón para o @Santuario Vacaloura que procura outro lugar mais terás que vir para saber cal é e que non cha conten.

Podes vir calqueira outro día ou incluso non vir. Ademais se vés poderás marchar cando o desexes. No Ollo Ledo hai servicio podes pecharte nel e concentrarte. De feito podes facer case todo o que queiras facer no Ollo Ledo ou fóra del.
Graciñas de todos xeitos por ter lido ata aquí.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close