fbpx

Expo Momentos Previos (Elena Sánchez) Inauguración – Concerto de Adri

Compárteo!

7 Setembro, 2019 20:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Momentos Previos Expo Fotografía e concerto na CambalhotaO CSA Cambalhota inaugura unha nova expo no seu local en Allariz. O sábado 7 de setembro inauguramos Momentos Previos, exposición de fotografías de Elena Sánchez, evento que se completa co concerto acústico de Adri.

De Elena Sánchez e a súa expo, di ela mesma:

Creo que a carga emocional que hai detrás dunha fotografía é máis importante que a fotografía en si. Sempre me inspiraron moito as fotografías en branco e negro de xente facendo cousas normais e correntes, no seu día a día, sen ser conscientes de que estaban a ser fotografados, ao natural. Adoitan ter un encanto especial se son doutra época, ó meu parecer.
Faime pensar nas diferentes vidas que levan as persoas da foto, nas experiencias que viviron, nas persoas que serán importantes nas súas vidas, nas cousas que aprenderon, a quen botan de menos… pero sobre todo detéñome a pensar en que os conduciu a todos a que ese mesmo día, a esa mesma hora, nese preciso momento, estiveran aí cando alguén sacou a foto.
E é que nese instante, a pesar das nosas aparentemente diferentes vidas, todos tiñan algo en común: estar no mesmo lugar no mesmo preciso momento. Xusto aí coincidiron as súas vidas. O meu obxectivo coas miñas fotografías é causar esta sensación en ti, quero que te fagas preguntas.
Coas fotografías antigas é difícil moitas veces coñecer as historias detrás das imaxes , saber quen eran esas persoas ou que ocorreu nos momentos previos de apertar o disparador da cámara. É por iso que quixen explicar os momentos previos dalgunhas das miñas fotografías.

Quero convidarte a velas, a que te fagas preguntas, a observalas, a que imaxines o que hai detrás delas, e logo se queres saber máis convídote a ler os textos que acompañan algunhas das imaxes, aínda que en ocasións é máis bonito quedar coa sensación e coa historia que un imaxinou, sen ir máis aló.

Haberá petiscos colaborativos preparados polas compas do CSA; ti podes traer tamén, se queres, os teus petiscos para compartir e colaborar co CSA.

Podes comer do que hai e deixar a túa achega voluntaria no bote que o CSA sempre ten para que poidades colaborar responsablemente a cambio da comidiña. Lembrade que o CSA é autoxestionado, e ten os seus gastos; toda axuda, por pequena que sexa, e en proporción ás túas posibilidades, é benvida.

Grazas.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close