fbpx

Expo Idoia de Luxán + concerto Cor de Lousa

Compárteo!

Máis

11 Maio, 2019 21:30

CSA Cambalhota

Camiño do Castelo, 10 Allariz

  • Localidade

    Allariz

Cambalhota Expo Idoia de Luxán e concerto Cor de LousaInauguración no CSA Cambalhota de Allariz da mostra de ilustracións de Idoia de Luxán e concerto do grupo Cor de Lousa.

A exposición estará aberta ó público ata o 2 de xuño nos horarios habituais das exposicións neste CSA: Venres 19:30 – 21:30 / Sábado 12:00 – 14:00 e 19:30-21:30 / Domingos 12:00 – 14:00

“Ilustracións ceibes” recolle mostras do percorrido creativo de Idoia como ilustradora dende o 2004. Cada colección ou creación libre corresponde a unha etapa e base de inspiración diferente, pero todas elas son froito dunha necesidade de explosión expresiva, logo dunha implosión emocional: propia, social ou medioambiental.

“Introspección” é unha colección de ilustracións realizadas dende a viaxe a través dun intimismo moi fondo. Falan de ser muller e comprender o amor propio polas malas. Son tatuaxes na parede para non volver vacilar e caer; son o cambio de conto.

“Reflexións… “ é un desafogo dende o encontro cara a cara co capitalismo de Barcelona e a pobreza social, o maltrato á terra nai, o machismo e o racismo, principalmente.

“Emocións sociais” retrata sensacións como animal social. O feminismo, a dor, o amor e ilusión ou satisfacción a través da cooperación, o ecoloxismo, o pánico e a ira, a agresividade… Todas elas nos conforman como sociedade de seres vivos convivindo nesta colección. A técnica e estilo son mixtos, influenciados pola estética de rúa da Barcelona deses anos.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close