fbpx

Entroido en Allariz 2020

Compárteo!

24 Febreiro, 2020 17:30

Allariz

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Entroido en Allariz 2020Allariz celebra, do 24 ao 26 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.

O Entroido en Allariz comeza o luns 24, ás 17:30h, coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30h no Campo da Barreira co acompañamento musical da Batucada Axoúxere de Allariz que ambientará as rúas dende as 20:30h. Este ano contaremos coa charanga Los Fugitivos que a partir das 23:00h farán bailar as persoas.

O martes 25, desfilan as comparsas, co acompañamento musical da charanga Bicoia de Ourense. Ás 17:30h as comparsas darán saída dende a Estrada de Xunqueira (á altura da Residencia Saliesiana) ata o Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ.

Para despedir o Entroido, o mércores 26 terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.

Concurso de Comparsas

Ata o día 20 de febreiro ás 14:00h está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile da edición 2020.
A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas e que estén presentas a hora de saída do desfile..
As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 200€, 150€, 100€ e 50€ para os catro primeiros clasificados.
Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close