fbpx

Entroido de Vilariño de Conso

Compárteo!

21 Febreiro, 2019 Todo o día

Vilariño de Conso

Vilariño de Conso, Ourense

  • Localidade

    Vilariño de Conso

O día grande é o Domingo Gordo, no que se celebra o desfile de fulións e a festa do cabrito

En Vilariño de Conso celébrase o que moitos consideran o Entroido en estado puro. O boteiro é a personaxe estelar, é o dirixente do Fulión. O Fulión é un grupo de persoas tocando bombos e gadañas ao mesmo compás. En cada aldea do termo municipal existe un fulión, e uns boteiros que bailan ao seu son e con diferentes tipos de caretas segundo a localidade de que proceden.

A fuliada é unha obra de teatro sátira e pícara dos temas de actualidade: política, relixión ou crítica social do acontecido durante o ano na vila.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close