fbpx

Entroido de Laza 2019. Programa completo.

Compárteo!

Comeza en 4 Días, 15 Horas

28 Febreiro, 2019 Tódolos Días

Máis Datas

  • 28 Febreiro, 2019
  • 1 Marzo, 2019
  • 2 Marzo, 2019
  • 3 Marzo, 2019
  • 4 Marzo, 2019
  • 5 Marzo, 2019

Laza. Varios espazos.

Laza, Ourense

  • Localidade

    Laza

Entroido de Laza Cartel Programa 2019

Entroido de Laza Cartel Programa 2019

O personaxe máis significativo do Entroido de Laza é O peliqueiro, que representa o poder e é totalmente intocable. É, indiscutiblemente, o elemento principal da festa e guardián de tódolos demás personaxes do carnaval. A sua orixe, igual que o Cigarrón, non se pode determinar; as caretas e os chocos son as partes más antigas do seu vestiario. O seu nome pode ter a orixe na pel do animal que leva detrás da sua careta.
Este ano 2019, o Entroido de Laza dá comezo o 28 de febreiro.

PROGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DE LAZA 2019

(Os venres 8, 15 e 22 de febreiro habrá folións a partir das 23.00 horas.)

Xoves 28 de febreiro de 2019

14.30 horas: celebrarase o folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro.

Pola noite terá lugar a cea de comadres e a verbena a cargo do Trío Maratón.

Venres 1 de marzo de 2019

Venres de Folión. Pola tarde haberá cantigas e degustación de xastré e licor café polos bares da vila, ademais de ruada co grupo de música tradicional Tanto nos Ten e a charanga TNT.

Ás 00.00 horas sairá o Gran Folión do Entroido, no que soarán os chocos por última vez antes da estrea do Peliqueiro na xornada dominical do día 3. Os folións percorrerán as rúas da vila ás escuras, só coa luz dos fachóns de palla acesos, e acompañados polo son dos chocos, latas, bombos e demais instrumentos ruidosos.

Sábado 2 de marzo de 2019

Sábado de Cabritadas. Neste día as rúas encheranse de animación musical para o goce de todos os veciños e visitantes, a cargo da charanga Vaite Xa.

Pola tarde os presentes poderán gozar coa música do grupo As Xeitosiñas de Baltar que animará a Gran Fariñada dos nenos.

Chegada a noite terá lugar a Troula e Cabritada dos Mozos. A Orquestra Nevada animará a verbena.

Domingo 3 de marzo de 2019

Domingo de Estrea. Nesta xornada os Peliqueiros farán acto de presenza. Pola mañá os Peliqueiros estrearanse no Entroido de Laza e tras a misa dominical, saudarán aos fregueses. A continuación, repartirase na praza dá Picota a bica do Peliqueiro.

Nesta xornada as charangas Vaite Xa e Europa serán as encargadas as ruadas da mañá e da tarde.

Pola tarde, ademais, os Peliqueiros acompañarán ás carrozas carnavalescas no seu desfile, e pola noite as orquestras Israel e Gran Parada animarán a verbena.

Luns 4 de marzo de 2019

Luns Borralleiro. Pola mañá levará a cabo a Farrapada, a Xitanada dos Burros e os Maragatos farán acto de presenza. A ruada correrá a cargo das charangas Vaite Xa e Europa.

Pola tarde terá lugar a baixada da Morena desde Cimadevila, acompaña polas formigas, toxos e cobelleiros. A continuación, repartirase a cachucha con pan para que a degusten todos os asistentes.

As orquestras Pontevedra e Ritmo Novo poñerán a nota musical ao baile e á verbena.

Martes 5 de marzo de 2019

Martes de Entroido. Pola mañá levará a cabo a saída dos Peliqueiros Veteráns e a charanga Vaite Xa e o grupo de música Tanto nos Ten amenizarán a ruada.

Entrada a tarde os presentes poderán gozar cunha nova ruada da charanga Vaite Xa e deleitarse co Desfile de Carrozas, que dará paso á lectura do Testamento do Burro, o Enterro do Entroido e o Loito dos Peliqueiros.

A orquestra Xacobeo poñerá a nota musical ao baile e a discoteca móbil Space fará o propio na verbena.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close