fbpx

Entresoños – Fran Sieira Compañía de Danza

Compárteo!

14 Marzo, 2019 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Rango de Idades

+ 18 anos

  • Localidade

    Ourense

Entresoños no Auditorio de Ourense

Entresoños no Auditorio de Ourense

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Vanesa Hernández (escenografía) e Luis Perdiguero ( iluminación), e vestiario deseñado por Alessio Meloni, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).

Ese Soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser… e á vez o medo e a incertidume que me dominan e fanme voltar a ese estado de consciencia que me dí que non é máis ca un Soño e que non deixará de ser nunca máis ca iso….
Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e donde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xenera ao sentila.

Público adulto.
Entradas online: 
entradas.ataquilla.com/entresonos-fran-sieira-compania-de-danza

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close