fbpx

Entrega Premios da 8ª edición Concurso de Micro-Relato OZOCOgz

Compárteo!

22 Agosto, 2020 18:30

Insua Dos Poetas. A Esgueva (Madarnás – O Carballiño)

Insua Dos Poetas - A Esgueva (Madarnás - O Carballiño)

  • Localidade

    A Esgueva (Madarnás - O Carballiño)

Entrega Premios da 8ª edición Concurso de Micro Relato OZOCOgzDespois de darlle moitas voltas sobre como facermos para a entrega dos premios deste ano, pensando incluso na posibilidade de non facelo por mor do que está acontecendo a nivel sanitario ao non atopar un lugar axeitado que cumprise cos requisitos suficientes para garantir a seguridade á que a nova situación, provocada pola presenza do risco da Covid19, nos obriga, ao final atopamos ese lugar no Carballiño, na chamada Ínsua dos Poetas, un lugar que, ademais de cumprir cos requisitos que antes comentamos, ao ser ao aire libre, nun espazo enorme onde as distancias de seguranza están garantidas.

O acto é de libre asistencia, só che pedimos que nos confirmes que vés e que veñas, por favor, con tapabocas porén, no caso de que alguén non poida ou esqueza esta norma, teremos nós ese elemento a voso dispor, así como xel hidroalcólico suficiente para todas e todos.
Este ano haberá sorpresas entre as que debemos salientar a presentación do libro RICARDO CARVALHO CALERO / CORAÇOM DE TERRA por parte dos seus autores Xiko Paradelo e Irene Veiga, quen estarán acompañados do escritor e músico do Carballiño Pablo Nogueira Campo.

Animámoste para que veñas e, de ser posíbel, acompañada ou acompañado, para pasar unhas horiñas de culto e homenaxe á nosa cultura nun contorno fermoso onde a evocación da nosa lingua é constante.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close