fbpx

Enclave de Cámara – Trío Arriaga

Compárteo!

Comeza en 1 Mes, 13 Días

4 Abril, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

Organizado Por

Enclave de Cámara

O Trío Arriaga é o lugar de encontro de tres músicos de recoñecido prestixio e alí onde converxen as súas traxectorias solísticas. Con concertos nos mellores festivais europeos e acompañados da gran maioría das orquestras españolas e por algunhas das mellores europeas, os seus proxectos discográficos en solitario, con máis de 25 álbums, algúns para selos tan destacados como NAXOS ou Sony, e os múltiples galardóns conseguidos en concursos nacionais e internacionais de interpretación aválannos como un trío de referencia da súa xeración.  Revistas como Gramophone ou BBC Magazine destacan o seu exquisito empaste e belísima sonoridade.

A súa traxectoria concertística levóunos en poucos anos a ofrecer recitais no Festival Internazionale da Música da Cámara d’ Orbietto (Roma), Festivale Internationale de Musique de Chambre du Chateau de L’Acquy e Festival de Musique su Prioré Sant Martin (Le Mesnil, Francia) Musée de la Musique de Bruselas  e en salas como o Palau de la Música de València, o Teatro Pérez Galdós de Las Palmas de Gran Canaria, os auditorios de Barcelona, Murcia, Alacant e Zaragoza, a Fundación Juan March de Madrid, la Sociedade Filharmónica de Bilbao e a sala sinfónica da Fundación Gulbenkian de Lisboa,  entre outros. A interpretación do Triple Concerto de Beethoven brindoulles a oportunidade de colaborar con orquestras como a Sinfónica de la Región de Murcia, de Estremadura, ou a Orquestra Gulbenkian xunto a que ofreceron dous concertos no Centro Cultural de Belém (Lisboa) en novembro de 2013 baixo a dirección de Paul McCreesh. Salientar tamén os concertos en colaboración do prestixioso violista Gerard Caussé.

Malia a brevidade da súa traxectoria ata hoxe, o Trío Arriaga tamén está a desenvolver unha intensa produción discográfica na que algúns dos seus traballos foron sinalados pola crítica como referenciais do repertorio. Así gravaron a integral da obra para trío de Turina (Columna Música, 2010) e obras de autores cataláns do século XX (Naxos, 2011). Amplamente interesados pola interpretación da música española para trío, proximamente verá a luz o seu  último traballo dedicado a compositores españois do século XX con obras de Mompou, García Abril, Chapí, Albéniz e Arbós. Así mesmo tamén é inminente a gravación dun álbum con tríos de compositores americanos (Copland, Bernstein, Piazzola e Bloch) e un DVD coa integral da obra de Dmitri Shostakovich de quen en 2015 se celebraron os 40 anos da súa morte.

Juan Luis Gallego violín | David Apellániz violonchelo | Daniel Ligorio piano

PROGRAMA

I Parte

  • Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893)
    • Trío Op. 50 en La menor (45’) | Pezzo elegiaco. Moderato assai | Tema con variazioni. Andante con moto | Variazione finale e coda. Allegro risoluto

II Parte

  • Eduardo Soutullo (1968-)
    • Le sourire de Isabelle H (8`)
  • Dmitri Shostakovich (1906-1975)
    • Trío nº 2, Op. 67 en Mi menor (30’) Andante-Moderato | Allegro non troppo | Largo | Allegretto

Un comentario en “Enclave de Cámara – Trío Arriaga”

  1. Pingback: SORTEAMOS 2 ENTRADAS Trío Arriaga no Teatro Principal Ourense 4 abril - O que, ho!
  2. Trackback: SORTEAMOS 2 ENTRADAS Trío Arriaga no Teatro Principal Ourense 4 abril - O que, ho!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close