fbpx

Enclave de Cámara – Concerto Dúo Rivera

Compárteo!

6 Xuño, 2019 20:00 - 21:30

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

Organizado Por

Enclave de Cámara

Concerto do Dúo Rivera. Enclave camara 6 de xuñoEl Dúo Rivera (Raquel Rivera, violín e María Luz Rivera, piano) caracterízase polo seu labor de difusión da música de cámara española e polo súa especial atención ao repertorio contemporáneo, sen esquecer o repertorio clásico xeral. Desde o ano 2000, e de maneira complementaria ás súas traxectorias individuais, este dúo ourensán interpretou obras de autores europeos en diversos concertos por España, Europa, América e Asia.

O Dúo Rivera desenvolve varios proxectos centrados na produción musical española e galega para piano e violín e as súas relacións coa música europea. Ao longo da súa traxectoria, este dúo reivindicou os compositores menos coñecidos, rescatou a súa obra e deulles unha difusión no contexto internacional.  Implicouse igualmente en proxectos interdisciplinarios sobre compositores clásicos e contemporáneos, unindo a musicoloxía con outras ramas artísticas.

Desde a presentación internacional do dúo en xaneiro de 2004, nunha xira de concertos por Francia –París, (Les Invalides) Lyon e Toulouse–, María Luz e Raquel Rivera desenvolveron unha relevante carreira musical  internacional.

PROGRAMA

I Parte

  • Anton Webern (1883-1945) | Vier Stücke Op7 (5′)
  • John Cage (1912-1992) | Nocturne (5′)
  • Enrique Granados (1867-1916) | Sonata (8′)

II Parte

  • Joaquín Turina (1882-1949) | Sonata para Violín e Piano Nº 2 Op. 82 (15′) | Lento | Vivo | Adagio
  • Fernando Buíde del Real (1980-) | Estrea absoluta obra encargo do Enclave de Cámara
  • Manuel de Falla (1876-1946) | Cancións (10′) | Preludios | Dios mío qué solos se quedan los muertos | Oración de las madres que tienen a sus hijos en brazos | El Pan de Ronda que sabe a verdad

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close