fbpx

Enclave de cámara: Cuarteto Brentano

Compárteo!

15 Xaneiro, 2020 20:30

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Dende 2014 é cuarteto residente na Yale School of Music, sucedendo ao Cuarteto de Corda de Toquio e foron galardoados con grandes premios de música. O seu eclecticismo e desexo de ir máis aló das fronteiras dos clásicos repertorios de cuarteto de corda conduciunos a interpretar tanto renacentistas como primitivas pezas de música, madrigais de Monteverdi e Gesualdo, fantasías de Purcell e traballos seculares de Josquin des PróS, sen esquecer o campo contemporáneo, colaborando regularmente con compositores coetáneos como Elliot Carter e György Kurtág, e interpreta traballos por encargo de Milton Babbitt, Chou Wen-Chung, Charles Wuorinen ou Bruce Adolphe.

Dende o 2009 o cuarteto ten actuado en España, en lugares como o Salón de Columnas do Palacio Real de Madrid, tendo a honra de tocar cos instrumentos da Colección Palatina de Stradivarius e baixo a presenza de honra das SS.MM. os Reis.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close