fbpx

DÚAS DONAS QUE BAILAN. Teatro

Compárteo!

15 Febreiro, 2020 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Compañía fundada no ano 1985. Leva producidos ata o momento 35 espectáculos a partir de textos dos máis importantes dramaturgos do teatro contemporáneo. Ibsen, García Lorca, Fassbinder, Heiner Müller, Ernesto Caballero, Manuel Lourenzo, Roberto Salgueiro, Benet i Jornet ou Sanchís Sinisterra son algúns dos dramaturgos presentes no repertorio da Compañía. O encoro, de Conor McPherson, e A raíña da beleza de Leenane, de Martin McDonagh, “A bombilla máxica”, de Woody Allen , “Unha primavera para Aldara”, de Teresa Moure , “Memoria de Helena e María”, de Roberto Salgueiro e “A charca inútil”, de David Desola, “O principio de Arquímedes” , de J.M.Miró ou “Helena: Xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco, están entre as súas últimas producións. Aínda que ten a xeografía galega como marco fundamental da súa actividade, realizou xiras por practicamente todas as comunidades autónomas do Estado español, e outras por diversas cidades de Portugal, Arxentina, Uruguai e Venezuela, participando tamén en diversos festivais nacionais e internacionais, presentando os seus espectáculos sempre en lingua galega. Na súa traxectoria figuran numerosos premios ao mellor espectáculo, mellor actor e mellor actriz principal e secundario, mellor dirección ou mellor escenografía:

24 PREMIOS MARÍA CASARES, 3 PREMIOS COMPOSTELA, 2 PREMIOS MARUXA VILLANUEVA, PREMIO XIRIA, PREMIO FETEGA, PREMIO ABRENTE, PREMIO DA CRÍTICA DA XIII FEIRA DO TEATRO, PREMIO DA CRÍTICA DE GALICIA 2016, PREMIO DE HONOR DE LA ADE (Asociación Directores Escena de España) 2018.

SINOPSE ARGUMENTAL.

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

DURACIÓN: 1 hora e 25 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro/Drama
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Galego

TARIFA:
15€ – Butaca de Patio e Platea
15€ – 1º Andar
12€ – 2º Andar
10€ – Paraíso e VR

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close