Máis
3 Abril, 2020 21:00
Teatro Principal de Ourense
Rúa Paz n°9, Ourense
A compositora e intérprete de orixe maliense Djely Tapa defende un estilo musical que oscila entre o blues, a electrónica e ritmos tradicionais do Sahel.
Entradas ataquilla.com
Empezou como cantante do grupo Afrikana Soul Sister. En 2019, lanzou o seu primeiro disco en solitario, Barokan, onde aborda temas como o lugar da muller na sociedade contemporánea e a africanidade.
Vén de recibir o premio “Révélation Radio-Canada en musique du monde 2019-2020”.
Festival Harmatán
Dentro da aposta pola diversidade creativa, o Festival Nómada de Cultura Africana Harmatán incorpórase á programación da ICC Week. África conectará con Ourense a través das diversas manifestacións creativas de danza, charlas, música e teatro, procedentes dun continente tan heteroxéneo na súa diversidade cultural, como descoñecido artisticamente para o público.
Catro xornadas para descubrir a cultura africana que incluirán un espectáculo de danza de Burkina Faso, unha charla de Felwine Sarr, académico, filósofo, economista e músico do Senegal, especializado en economía africana, teatro ou música dende Mali. Este festival nómada celebrase de xeito simultáneo en Ourense, A Coruña e Móstoles.