fbpx

Día das Letras Galegas. Concello de Ourense

Compárteo!

17 Maio, 2019 11:30 - 21:00

Ourense. Varios espazos.

Ourense

  • Localidade

    Ourense

Día das Letras. Concello de OurenseO Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas á cativada e outras para persoas de todas as idades.

Venres, 17 de maio

11.30h na Sala Valente, un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”.
12.30h no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda.

19.00h A festa sairá á rúas cun desfile da Banda de Gaitas de Forcarei que percorrerá desde a rúa do Paseo ata a Praza Maior.

Os actos de celebración organizados pola Concellería de Cultura inclúen tamén a exposición Antonio Fraguas, memoria dun soño, que se pode visitar desde o 1 ao 15 de maio no vestíbulo do Auditorio. Este é un proxecto da Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación Otero Pedayo, que desde abril a decembro percorre diferentes cidades galegas.

A exposición consta dun cuadríptico explicativo e de 12 paneis en que se fai un percorrido pola vida de Antonio Fraguas e as achegas que, en diferentes momentos dela, fai á cultura galega, ata que no final da súa existencia coa chegada da democracia e da autonomía para Galicia, empeza a ver como se materializa o vello soño que guiou o seu percorrido vital. Ao tempo, vanse ofrecendo datos acerca da sociedade, da economía ou da política de cada momento histórico que axudan a comprender a súa figura e a súa obra.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close