fbpx

De Vacas no Auditorio Manuel María. O Carballiño

Compárteo!

Comeza en 3 Días, 1 Hora

23 Novembro, 2019 21:00

Auditorio do Carballiño

Av. do Balneario, 28 32500 O Carballiño Ourense

  • Localidade

    O Carballiño

De Vacas no Auditorio Manuel María. O CarballiñoDentro da programación da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, na que se atopa o Concello de O Carballiño, o grupo De Vacas ofrecerá un concerto o sábado 23 de novembro, ás 21:00 horas, no auditorio municipal Manuel María.

Será un concerto de versións galegas dun amplo abano de estilos e música, interpretado con humor e ironía, que caracterizan as actuacións de De Vacas.

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco coma a auga dos regatos. Desfrutan do escenario para que vós desfrutedes. Mestura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Cantan en todas as linguas do mundo, pero aman sobre todo os e as nosas poetas, como Enrique Iglesias. Rescatan retrousos esquecidos, cantaruxadas que foron populares nas voces de Cristina de la Aguieira ou Mónica de la Laranxeira.

Levan dous anos percorrendo toda a xeografía galega con case 200 actuacións e o punto cumio foi alcanzado co videoclip Amodiño, que conta con miles de reproducións e que se está convertendo nun himno masivo. Pecharon o xornal de Tele 5 con el, e incluso Paula Vázquez traduciu o seu do galego ao castelán na Cadena Ser, para que todos puidesen entendelo.

As entradas venderanse no despacho de billetes do auditorio o mesmo día da actuación ao prezo de 5 euros.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close