fbpx

De Rue, Festival Urbano en Ourense

Compárteo!

28 Agosto, 2019 18:00 - 23:55

Praza Pena Vixía, Ourense

Praza Pena Vixía, Ourense

  • Localidade

    Ourense

De Rue, Festival Urbano en OurenseDe Rue, Festival Urbano. Dentro das actividades do Veranearte 2019, a asociación Son das Pipocas organizará a finais deste mes de agosto un día para @s amantes das culturas Reggae e Hip-hop. O lugar será a Praza Pena Vixía, situada entre os locais Rock Club e Pueblo Cafe Cultural.

Este ano contaremos con varios referentes do panorama galego para deleite dos asistentes: High Paw, Victor Laligator del Sutta, Chico López GZ, Frank Huxley, 2PASØS, Fran Burgas, Antón P Couto, Gutier Hardcore y Kassia Abramović pasarán polo escenario, e durante a primera mitade do evento, farano na compañía dos músicos da banda ourensá de jazz-rap Toc (Adrían Rey , Toño Fernández e Javier Fragueiro).

Dende as 18:ooh poderase escoitar algo de música na praza e tamén admirar os cadros de varios artistas locais, que estarán expostos e incluso serán rematados en vivo polos seus autores. Abraham Caride e o equipo de Bonshyo Tattoo Estudio son algunhas das confirmacions.

As actuacións d@s cantantes darán comezo entre as 19:30h e as 20:30h.

E cando o De Rue chegue o seu fin, o equipo de selecktahs de Brigada SOUND brindaranos unhas horiñas de Reggae, Roots, Jungle, Ska e Valcan para amenizarnos a despedida da noite dentro dos locais ROCK CLUB ourense e El Pueblo Café Cultural.

Agardámosvos en viños!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close