fbpx

Daveiga & María Tola. Cata e maridaxe comentada

Compárteo!

16 Maio, 2019 19:00 - 22:00

Casablanca Ale

Marcelo Macias 121, 32002 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Daveiga & María Tola. Cata e maridaxe comentadaCata comentada e maridaxe de galletas mariñeiras Daveiga coas conservas María Tola.

As Galletas Mariñeiras son unha adaptación moderna do pan de barco ou biscoito de barco, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural. Elaboradas con materias primas naturais, sin utilización de aditivos.

Están indicadas para comer soas, acompañar coas comidas a calquera hora e especialmente para a elaboración de canapés, xa que se poden combinar con doce ou salado e a súa resistencia á absorción de humidade permiten que estas non se abranden co paso das horas.

María Tola é unha pequena empresa de Bande que se dedica á comercialización de produtos como ortigas, mirabeles ou madroños, ademais de procesar vexetais de tempada. A súa filisofía basease na calidade, na creatividade e na tradición e o respecto ao medio ambiente. Para elo empregan materias primas de calidade sen engadir aditivos artificiais, e procurando sometelas ao menor procesado posible para preservar as súas propiedades nutricionales e organolépticas.
Traballan con vexetais e froitas da horta de tempada, como cabaza, alubias ou coliflor. Comercializan tanto conservas como produtos elaborados, tipo marmelos, cremas ou alimentos cociñados, como potaxes…

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close