fbpx

Da Avaricia, Luxuria e a Morte

Compárteo!

11 Abril, 2019 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

 Da Avaricia, Luxuria e a Morte - Teatro do Noroeste Da Avaricia. En “Ligazón” a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha Moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade. “A moza, cun aceno cruel que lle crispa os labios e lle afía os ollos, dá en se chantar as tesouras na súa man, e entramentres oprime a boca do mozo coa palma ensanguentada.”

A Xustiza. En “A cabeza do Bautista”, o patriótico indiano retornado fuxindo de xustizas, e despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, se reencontra co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con intencións retortas de recuperar herdanzas e numerarios. O golpe so ten unha saída, e pasa por transportar ao forasteiro á cova. A conseguilo se aplica con esmero a Pepona, que con esa acción quedará irremisiblemente unida ao destino do indiano. Pero no intre final todo se disloca e o que debería ser morte faise vida nun sen remedio. “Os seus ollos toldados, premen, ao fulgor do facón que ergue a estadea amarela de don Igi. A Pepona, desmaiada, sente que se arrefría sobre a súa boca a boca do Jándalo.”

E a Morte. En “A rosa de papel” asistimos á agonía dunha traviata desesperada polo seu mal casar e contrariada porque o billetaxe dos seus aforros será malgastado por un mal home borrachón e anarquista. Cando o condenado regresa de encargar os divinos, en descubrindo as carnes brancas da defunta, entre os viños evaporados e os delirios desencaixados, súbenlle ao caletre todos os putrefactos desexos carnais e necrofílicos, pero o lume da fragua vai coller fachendas de redención e acabará con todo. “Simeón Julepe, entre labaradas, abrazado ao cadáver berra frenético. As langrás recúan, aspando os brazos. E toda a fragua adquire reflexos de incendio.”

Elenco artístico: Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António, Miguel Pernas, Bernardo Martínez, Xan Casas e Felisa Segade.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close