fbpx

Da avaricia, a luxuria e a morte. Teatro no Barco de Valdeorras

Compárteo!

29 Marzo, 2019 21:00 - 22:30

Teatro Lauro Olmo

Calle Estación 1, 32300 O Barco De Valdeorras, Ourense

  • Localidade

    O Barco De Valdeorras

Da avaricia, a luxuria e a morte / Teatro do NoroesteDe xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte.

Da singular e poética; “Ligazón” (auto para siluetas), lívida como o vento, pasando pola americana e patriótica “A cabeza do Bautista” (melodrama para marionetas), tallada en terra, até a espectral e contundente “A rosa de papel” (novela macabra), fraguada no lume, todas elas expresadas nunha tradución que é reposición con aceno de canónica.

Elenco artístico: Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António, Miguel Pernas, Bernardo Martínez, Xan Casas e Felisa Segade.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close