fbpx

CURSO DE PANDEIRA. Técnica e repertorio con Felisa Segade e Xermán Muíños

Compárteo!

15 Marzo, 2020 10:00 - 20:00

Gustei (Coles)

  • Localidade

    Gustei (Coles)

CURSO DE PANDEIRA con Felisa Segade e Xermán MuíñosPropoñemos a realización de dous obradoiros, un de iniciación e outro de nivel medio ou avanzado. Con eles, achegámonos a diferentes xeitos que temos atopado para a pandeira na área coñecida xenericamente como Ancares, na zona galega das montañas de Cervantes e Navia e na zona Leonesa arredor do Porto e do Val de Ancares, con algunha incursión no veciño suroccidente de Asturies.

Trataremos de transmitir e traballar conestes xeitos, ritmos e melodías procedentes do noso traballo de campo e de elaborar cos grupos participantes a montaxe das pezas para poder ser interpretadas.

Estes xeitos e sonoridades específicas configuranun abano de inmenso atractivo para estudiosas e estudiosos da música tradicional e para as entidades, asociacións, institucións e persoas que traballan na súa posta en valor como patrimonio inmaterial de incalculable valor. Sirva tamén este e outros obradoiros como recoñecemento ás persoas, moi maioritariamete mulleres, depositarias de este legado transmitido de xeración en xeración ata nos.

DATA E HORARIOS

  • Domingo 15 de Marzo
  • Iniciación10 a 14 h
  • Avanzado16 a 20 h

PRAZAS LIMITADAS!!

PARA CALQUERA CONSULTA OU INSCRICIÓN: SÓ A TRAVÉS DO WHATSAPP, NO NÚMERO DE TELÉFONO: 654173498

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close