fbpx

CurIdentificación e cultivo de plantas medicinais

Compárteo!

Comeza en 3 Días, 13 Horas

29 Maio, 2019 19:00 - 21:00

Salón de Tapería Filipinas

Rúa Mercado, 5 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Identificación e cultivo de plantas medicinaisCurso de iniciación á identificación e cultivo das principais plantas medicinais do noso entorno.

O obxectivo de este curso é colocar un primeiro chanzo orientado a adquirir certa autonomía a hora de procurar solucións aos nosos pequenos (e non tan pequenos) problemas de saúde, familiarizandonos coas plantas medicinais mais comúns, as súas virtudes, a sua elaboración…

Contidos xerais

– Identificación de plantas medicinais: Chuchamel, cecimbra, parietaria, cedroña,… son herbas que nacen nas nosas hortas, mesmo ás portas das nosas casas, que moitas veces non sabemos nen nomear, menos as súas propiedades curativas. Veremos por volta de 50 herbas medicinais, na medida do posíbel (polo momento do ano) vivas, acompañando o curso con elas ou ben apoiándonos en fotos e proxeccións.

-Achegámonos a un dos momentos mais importantes para a botica tradicional, xa que ao redor do SanXoán apáñanse unha boa mao dos remedios máis importantes aos que recorreremos durante todo o ano. Adicaremos especial atención á maxia do ramo de San Xoán, e tentaremos dominar os coñecementos suficientes para poder elaboralo.

– Elaboración das plantas medicinais: colleita (momento do ano, lúas,…), secado e conservación,….Introducirémonos no mundo da alquimia elaborando algúns preparados básicos con herbas, desde as infusións mais clásicas ate tinturas, aceites, emplastos, bálsamos, emulsións (cremas)… para ir dando forma ao noso receitario persoal.

–Ampliación de coñecementos. Bibliografía, artigos, fotografías, web.

Programa

a) Introdución.

– Plantexamento xeral do curso. Presentación e partilla de coñecementos.

– Elaboración de unha guía individual, que ao longo da exposición dos contidos iremos completando coas nosas plantas “chave”.

b) As plantas medicinais:

– Introdución á elaboración das plantas: colleita, secado, conservación, preparados (tisanas, emplastos, pomadas,…)

– Claves para a identificación e usos medicinais das herbas silvestres e adventicias. Herbas da horta, herbas dos campos e herbas dos camiños. Colleita e preparación. Receitas.

– Herbas medicinais cultivábeis.

c) Receitario e práctica de elaboración de preparados medicinais.

– Primeiros pasos: ingredientes, materiais, seguranza e hixiene, almacenaxe e etiquetado.

– Preparados vexetais para uso interno (infusións, xaropes, tinturas,..)

– Preparados vexetais para uso externo (bálsamos, aceites, tinturas, linimentos,..)

– Práctica: Elaboración dun bálsamo medicinal.

*Os produtos realizados durante as prácticas serían para que cada persoa asistente poda levar unha mostra para a sua casa.

d) Saída.

Paseo pola zona para recoñecer as plantas adventicias e silvestres que temos mais próximas.

Duración: 9 horas.

Asistencia: Máximo 20 persoas.

Materiais:

-O curso inclue os materiais necesarios para a elaboración dos aceites, bálsamos, tinturas e linimentos que cada persoa realizará durante o curso e levará logo para a sua casa;

-materiais de apoio, que inclúen:

1) guía de elaboración de plantas medicinais

2) guía coas principais plantas medicinais utilizadas na medicina tradicional

3) diversos materiais en formato dixital para ampliar a información

+ INFO E INSCRICIÓNS:
687913857 / 644975680 (Whatsapp) / devagar@devagar.eu

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close