fbpx

Cultivo e desbroce na parella. Obradoiro de parellas en Allariz

Compárteo!

Máis

23 Maio, 2019 19:00 - 21:00

CSA Cambalhota

Camiño do Castelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Obradoiro para a reflexión das e nas parellas, como ferramenta para cando decidamos estar, se decidimos, entender dende onde imos á parella e qué coñecementos nos poden axudar a estar o máis a gusto posible.

Parella como dous que se gustan e queren estar o máis a gusto posible. E traballo pois de contidos sexolóxicos que nos aportan coñecemento sobre contidos persoais e de parella que poñemos en xogo no encontro.

Traballo ademais dende o corpo, dende os corpos, como forma de facer analoxías que nos axuden a entender dende onde imos, e qué cousas pasan.
Terá lugar na Cambalhota (Camiño do Castelo 10-Allariz) durante tres xoves (23 e 30 de maio e 6 de xuño), en horario de 19:00 a 21:00h e o prezo vai ser á vontade.

Obradoiro de parellas. Cultivo e desbroce na parellaNon é preciso acudir coa parella amorosa pero sí vai ser un traballo para pensarse en clave de dous, de parella. É importante traer roupa cómoda e traballarase descalzos e descalzas.

Temas a tratar:

1. Recoñecemento do terreo; o meu corpo, o seu corpo, os corpos, os coñecementos individuais e de dous, as ideas de parella, cada unha a súa, o idiolecto…
2. Ornamental e/ou funcional; dende qué concepción imos ao encontro, pensamos na idea do outro/a sobre a parella? Canto de sistema de valores poñemos en xogo…
3. Abonamos ou non? Ecolóxico ou convencional? Purín de ortigas ou nitramón?…; canto de influencia de outros modelos, canto aire entra polas fiestras da parella, canto a gusto estamos na forma que nos entendemos e canto aperturamos á outra forma?
4. Aprendendo a convivir coas malas herbas; sobre a fraxilidade humana.
5. Recollida da colleita; de estar o máis a gusto posible, sabendo que somos sexuados e sexuadas, en relación, en cambio, etc.

Imparte: COLECTIVO CORPOS E SEXOLOXÍA
Prazas limitadas.
Inscricións / contacto: cscambalhota@gmail.com / 675 952 093

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close