fbpx

Corpo a terra – Enxebre ’19 Danza – Programa de Entrenamento en Danza

Compárteo!

2 Xullo, 2019 Todo o día

Ourense. Varios espazos.

Ourense

  • Localidade

    Ourense

Enxebre '19 Danza - Programa de Entrenamento en DanzaPROGRAMA DE ADESTRAMENTO EN DANZA DE CORPO(A)TERRA
Festival de danza e artes do corpo de Ourense.

Fase 1. Do 2 ao 5 de Xullo 
Fase 2. Do 8 ao 11 de Xullo 
Día 6 de Xullo: Programación Corpo(a)terra Allariz
Días 11, 12 e 13 de Xullo : Programación Corpo(a)terra, Festival de danza e artes do corpo de Ourense

Dúas fases de catro días, 5 horas e media de formación diarias, actividades colaterais, máis de 8 profesionais implicada/os e coa dispoñibilidade absoluta dun espazo no que compartir información, experiencias e danza.

O programa de formación concíbese como unha experiencia intensiva de adestramento en danza. Trátase dunha preparación para a danza dirixida por máis de 8 profesionais que imparten obradoiros durante 8 días de encontro e convivencia.

Nesta edición apostamos por sumar á dinámica que xa ven sendo usual un intento por dar tempo aos corpos, para experimentar e interiorizar adestramentos e técnicas particulares: Gagá, Body Weather, Assimetrical Motions, Accións Sinxelas…

Esta programación pensase para persoas interesadas nunha formación en danza de nivel medio-alto. Dirixida a profesionais ou estudantes de danza e artes do movemento: circo, teatro físico, performance ; abraza a participantes que viven a danza desde un lugar “amateur”.

Desde 2015 este formato de programación convoca a un maior número de participantes. As e os estudantes do programa e artistas involucradxs no festival, pasan a formar parte dunha convivencia entorno á danza e ao intercambio de experiencias que fan que ENXEBRE´danza se convirta nun fervedoiro de información, creación e aprendizaxe.

TODA A INFO EN http://corpoaterra.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close