fbpx

Coro de Voces Brancas do Barco de Valdeorras no Auditorio do Carballiño

Compárteo!

9 Febreiro, 2019 20:00

Auditorio do Carballiño

Av. do Balneario, 28 32500 O Carballiño Ourense

  • Localidade

    O Carballiño

O vindeiro sábado, 9 de febreiro, o Auditorio Municipal Manuel María será o marco no que teña lugar un concerto do Coro Voces Brancas do Barco de Valdeorras. A actuación, que será ás 20:00 h, con entrada gratuíta, e circunscríbese dentro dun programa de colaboración e intercambio entre os conservatorios de música do Carballiño e do Barco de Valdeorras, polo que a este concerto do coro valdeorrés sucederalle outro no Barco, dunha formación do Carballiño.

O coro de Voces Brancas está formado por nenos e nenas de entre 7 e 15 anos, todos da comarca de Valdeorras. Con tres anos de vida, esta formación leva ofrecido xa varios concertos; un deles na casa Río Cigüeño, en xuño de 2017, e tamén varias actuacións no Teatro Loureiro Olmo, sendo a última o pasado mes de xaneiro.

Neste concerto do sábado no Carballiño, o coro valdeorrés ofrecerá un repertorio variado, entre o que figuran os seguintes temas: “Seis canciones infantiles”, de Jesús Guride; “La vida hermosa es”, de Olga García Álvarez, compositora e profesora do mesmo centro, así como cancións de películas tan coñecidas como “Los chicos del coro” ou “Frozen”, sen esquecer temas da música popular galega, música xaponesa ou brasileira.

A dirección do coro nesta actuación correrá a cargo de B. Alonso, e o acompañamento ao piano realizarao J. Romeu.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close