fbpx

Conferencia de Xesús Alonso Montero

Compárteo!

2 Novembro, 2019 17:30

A Pobra de Trives

A Pobra de Trives

  • Localidade

    A Pobra de Trives (na Casa do Concello)

Foto de Concello da Pobra de Trives.O académico da Real Academia Galega, D. Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), impartirá unha conferencia sobre “A importancia do papel da intelectualidade na construcción dunha sociedade libre” na Pobra de Trives o próximo día dous de novembro ás 17,30 h no Auditorio Xulio Vázquez.

O mestre e académico galego, centrará a súa ponencia no papel que desenrola a intelectualidade na construcción dunha sociedade libre. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Central (Madrid), doctor en Filolofía Románica pola Universidade de Salamanca, Doctor Honoris Causa pola UNED, Catedrático Emérito da USC, Presidente da Real Academia Galega entre 2013-2017. Un erudito de espléndido perfil intelectual, cun gran abano de publicacións sobre sociolingüística, poesía medieval e tradicional, letras clásicas, estudios de grandes escritores…

Comprometido indiscutible con Galicia, coa nosa lingua e coa defensa dos dereitos e a restauración da memoria das vítimas da represión franquista; activista na clandestinidade, perseguido e represaliado pola súa actividade política; un home dunha vasta cultura que se achegará ata A Pobra de Trives para facernos disfrutar do seu maxisterio e impartir unha conferencia de luxo.
O acto contará tamén coa intervención de D. Xoan Carlos Domínguez Alberte (profesor de ensino público e escritor).

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close