fbpx

Coñecer o Megalitismo no Val do Salas co arqueólogo José María Eguileta

Compárteo!

8 Xuño, 2019 09:45

Muíños

Muíños, Ourense

Organizado Por

Vía Vella de Pontecanedo

  • Localidade

    Muíños - Val do Salas

Megalitismo no Val do SalasDende a Asociación Vía Vella de Pontecanedo propómosvos unha excursión fenomenal. Trátase de coñecer os monumentos megalíticos de Muíños e o Val do Salas cun auténtico sabio, que nos brinda o seu coñecemento, de forma amena e sobre o terreo: o arqueólogo José María Eguileta.
 
A cousa é así: quedamos o sábado, 8 de xuño, ás 9:45h, na locomotora que hai diante da estación e iremos todas en coches particulares, distribuíndo os efectivos da forma máis eficiente posíbel, para levar cantos menos coches [se non tedes coche vide igual que ha haber sitio].
 
Pola mañá faremos unha pequena andaina para ver os monumentos megalíticos, despois comemos e, pola tarde, visitaremos o centro de interpretación do megalitismo no concello de Muíños.
 
Para as persoas asociadas o custo é de 10€ (que é o que costa a comida) e para as non asociadas o custo é de 15€.
 
Apuntádevos o antes posíbel para que poidamos saber cantas persoas somos e avisar no restaurante. Podedes facelo mandando un correo a este enderezo co voso nome, apelidos e número de teléfono.
 
O prazo de inscrición finaliza o xoves día 6 de xuño.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close