fbpx

Coñece as nosas árbores. Xornada 2 de 2 (Xunqueira de Espadanedo)

Compárteo!

10 Febreiro, 2019 10:00 - 13:00

Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo, Ourense

  • Localidade

    Seixalbo

Este sábado día 9 e o domingo día 10 saímos ao monte coñecer as nosas árbores. Visitaremos fragas, casas da neve, plantaremos e sementaremos algunha árbore e, coma sempre, haberá algunha que outra sorpresa.

Sábado 9 de febreiro quedamos ás 10 da mañá no local social de San Breixo de Seixalbo. Faremos unha visita as obras que están a facer na estrada Seixalbo-Ourense e o trato que lle teñen dispensado a uns fermosos plátanos de sombra. Visitaremos a Carballa dos Desexos e a Fraga do Souto Bravo en Pasadán (Taboadela). Poderemos observar a desfeita inxustificada das obras do enlace do Polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía A-52.

Domingo 10 de febreiro quedamos ás 10 da mañá no Bar O Mosteiro en Xunqueira de Espadanedo. Visitaremos as Carballas da Inquisición no Outeiro do Cabo, subiremos ata a Fonte Nova, iremos ata Asadur e se nos da tempo subiremos ao Campo do Eirado a ver as Casas da Neve, con vistas á Ribeira Sacra e moito máis alá.

Son actividades abertas á participación de calquera persoa. Temos a sorte de contar con guías locais que nos contarán as lendas e historias das árbores. Tamén valoraremos o seu estado e accións para a súa posta en valor, conservación e protección.

Aconséllase traer comida, bebida, algunha ferramenta e propostas, achegas, suxestións de accións ou actividades que axuden a conservar o patrimonio arbóreo.

“Se soubese que mundo remataba mañá, eu hoxe aínda plantaría unha árbore” Martin Luther King (1929-1968)

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close