fbpx

Concerto Pro Natura coa Capela Madrigalista en Baños de Molgas

Compárteo!

9 Xuño, 2019 19:00

Santuario de Nosa Señora dos Milagres

Santuario de Nosa Señora dos Milagres, Baños de Molgas

  • Localidade

    Baños de Molgas

Concerto Pro Natura coa Capela Madrigalista en Baños de MolgasPolo 150º aniversario da presenza dos misioneiros Paules nos Milagres, ofrécese un concerto especial o domingo 9/06 ás 19:00 coa participación, ademais da CAPELA MADRIGALISTA, de varios músicos e cantores convidados a modo de colaboración interpretando o programa especial “Pro Natura” con música relixiosa dos séculos XX e XXI para coro, piano e quinteto de vento, grazas ao patrocinio na Deputación de Ourense.

Capela Madrigalista de Ourense
Xuntanza, coral de cámara (Covelo)
Quinteto Rubato (A Coruña)
Miguel Sáez, piano
Julio Domínguez, dirección

“Pro Natura” é un proxecto enmarcado nos actos que a CAPELA MADRIGALISTA ten previsto desenvolver durante o segundo semestre de 2019 con motivo do seu 30º aniversario. O proxecto toma o seu nome dunha serie de pezas escritas por Julio Domínguez -composer & conductor- recentemente en memoria e homenaxe ás víctimas dos terribles incendios forestais do 2017 en Galicia e Portugal.

En concreto, a obra MISSA BREVIS “PRO NATURA”, que configura a base do programa deste concerto, está baseada nun traballo de fin de estudos para o Conservatorio Superior de Música de Vigo baixo o título “Cantus Liturgiae Pro Natura” que, grazas ao coro Acacias de Vigo (Dir.: Isidro Betancourt) e o soporte da Xunta de Galicia, materializouse na obra maior, para coro e piano, que o coro interpretou en Xerusalén e Vigo. A versión para quinteto de vento, inclúe o ordinario da Misa en latín (Kyrie, Alleluia, Sanctus, Benedictus e Agnus Dei) cun estilo e linguaxe moi tradicional no inicio, para evolucionar con partes máis contrastantes a medida que avanza a obra.

O programa complétase con diferentes motetes e pezas instrumentais a modo de viaxe introspectiva e reflexiva na que o marco natural e espiritual do santuario vai ter, igualmente, gran protagonismo.

– I –
Michael McGlynn (n.1964) MEDIA VITA
Julio Domínguez (n.1965) ESTUDO CORAL Nr.1
Alberto Grau (n.1937) FIAT MUNDUS IUSTUS
Canto Chan (Anón.) HOSANNA FILIO DAVID
Julio Domínguez (n.1965) KYRIE ET ALLELUIA PRO NATURA

– II –
Julio Domínguez (n.1965) ETUDE-ROUND Nr.2

– III –
Morten Lauridsen (n.1943) O NATA LUX
Robert “Bob” Chilcott (n.1955) GOD SO LOVED THE WORLD
John Leavitt SET ME AS A SEAL
Javier Busto (n.1949) KANTA CANTEMUS
Roger Emerson (n.1950) UBI CARITAS ET AMOR

– IV –
Xesús Xosé Iglesias PEQUENA SUITE PARA QUINTETO DE VENTO

– III –
Julio Domínguez (n.1965) SANCTUS ET BENEDICTUS PRO NATURA
Julio Domínguez (n.1965) AGNUS DEI PRO NATURA
Canto Chan (Anón.) ANGELUS DOMINI
Julio Domínguez (n.1965) AVE MARIA

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close