Máis
7 Marzo, 2020 12:30 - 13:30
Café Bar As Catro Portiñas, Allariz
Emilia Pardo Bazán, 11 Allariz
Organizado Por
Aira das Letras
Localidade
Allariz
Antón Valcarce presentará en Allariz, en formato concerto-presentación o seu libro «Soños de chicolate».
A obra inspírase na historia das antigas fábricas de chocolate que existiron na cidade de Monforte de Lemos (houbo ata cinco destas fábricas en funcionamento a mediados do s.XX) e no boom que tivo esta cidade (que en realidade non nomea na novela) grazas ó ferrocarril e ó desexo de moitos mozos que vivían nas aldeas de establecerse na urbe e abandonar o campo.
Antón Valcarce (Monforte, 1952) é autor doutras publicacións, como O que non che contaron de Monforte, ou De Nápoles a Monforte polo inferno.
Será o sábado 7 de marzo ás 12:30h no Café Bar As Catro Portiñas (Rúa Emilia P. Bazán, 11. Allariz)