fbpx

Concerto Orquestra de Cámara da Filarmónica de Colonia

Compárteo!

Comeza en 3 Días, 14 Horas

20 Setembro, 2019 21:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

Concerto Orquestra de Cámara da Filarmónica de Colonia Teatro Principal OurenseXa sexa nos recónditos pobos australianos, os fiordos noruegueses ou a cidade cosmopolita de Berlín, a Filarmónica de Cámara de Colonia púxose como meta facer soar a música clásica en todo o mundo. Para esta tempada o calendario de concertos da F.d.C xa está completo. Uns 150 concertos daranse en Alemaña e en máis de 200 localidades internacionais, os fans do F.d.C xa están a espera de novos encontros musicais cos nosos talentos de excepción.

A F.d.C. foi fundada no 2003 en Colonia, cidade famosa internacionalmente polo seu conservatorio e os seus profesores de música. Aquí nas clases maxistrais dos profesores Viktor Tretjakov, Maria Kliegel, Robert Winn, Frans Helmerson, Zakhar Bron, Ralph Manno a F.D.C recruta constantemente os seus talentos. Xa son máis de 100 músicos que actúan en diversas formacións da F.d.C. Tras unha minuciosa selección componse os numerosos conxuntos, desde a orquestra de cámara até a orquestra sinfónica. E tras intensivos ensaios comezan as xiras e a aventura musical.

A nosa xira mundial levaranos a Nova Zelandia, Australia, España, Gran Bretaña e a través de toda Alemaña. Durante as preparacións pomos especial atención na selección das obras e dos nosos solistas. Grazas á especial individualidade dos solistas da orquestra, a Filarmónica de Cámara dálle a cada un dos seus músicos a posibilidade de presentarse como solista. A Filarmónica de Cámara ten como divisa que o seu repertorio se compoña das máis selectas obras. O especial atractivo do noso programa consiste na combinación de obras populares con outras menos coñecidas de diversas épocas musicais. Así actúan grandes mestres da música como Wolfgang Amadeus Mozart e Antonio Vivaldi en diálogo con obras desde Sergei Prokofieff até o rei do tango, Astor Piazolla. Esta mestura promete unha diversidade ao máis alto nivel.

En todo iso o noso obxectivo principal consiste en entusiasmar e promover a música clásica por todo o mundo!

Entradas en: ataquilla.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close