fbpx

Concerto do Simply Quartet

Compárteo!

6 Novembro, 2019 20:00

Liceo de Ourense

Calle Valentín Lamas Carvajal, 5, 32005 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Foto de Enclave de Cámara Ourense. EdC-OU.O último gañador do Concurso Internacional de Cuartetos de Corda de Bordeos é o Simply Quartet. Fundado en Shanghai en 2008 baixo a tutela do Profesor Jensen Horn-Sin Lam, foi orixinalmente un cuarteto completamente chinés, mais a viaxe musical do grupo levounos a Viena en 2012, onde a formación se transformou e se uniu o chelista noruegués Ivan Valentin Hollup Roald en 2016 e a violinista austríaca Antonia Rankersberger en 2018. Afincados agora en Viena estudan co Prof- Johannes Meissl (Artis Quartet) no Instituto Joseph Haydn para Música de Cámara na Universidade de Música e Artes Escénicas en Viena.

Centrados nos últimos anos nas raíces do repertorio xermánico e austríaco para cuartetos de corda, teñen acadado o éxito en dous importantísimos concursos, no 2017 no Concurso Haydn en Viena e no 2018 no Concurso Internacional de Música de Cámara “Schubert e a Música Moderna”. Tamén teñen ofrecido numerosos concertos nas Casas de Haydn e Beethoven en Viena e Baden, así como na baixa Austria “Rexión de Haydn”.

Ademais de traballar co principal repertorio para cuarteto de corda, tamén investigan nas novas músicas dos países dos seus integrantes China, Austria e Noruega. Estrearon o cuarteto para cordas “Flleting Moments” de Brad Lubmasn no Festival Grafenegg en 2017.

O Simply Quartet está a conseguir unha importante notoriedade nos principais escenarios de Europa e China, e especialmente en Austria con concertos en Wiener Musikverein and Konzerthaus, Berlin Konzerthaus, Stefanien Hall in Graz, Wigmore Hall en London, Kamermuziek Souvenir en Tilburg, Festival Emergents en Barcelona, A Casa da Musica en Portugal, Rachmaninov Hall en Moscova así como no Festival Pablo Casals, Shanghai Chamber Music Festival ou Ghent Festival en Bélxica.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close