fbpx

Concerto do Cuarteto Talich e Noelia Rodiles

Compárteo!

Comeza en 1 Día, 9 Horas

20 Outubro, 2019 22:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Foto de Enclave de Cámara Ourense. EdC-OU.CUARTETO DE CORDA E PIANO

Regresa ao Enclave de Cámara Noelia Rodiles, quen xa nos visitara co Trío Lorca en febreiro de 2016 e faino agora cunha traxectoria xa consolidada e acompañada do Cuarteto Talich.

Considerado durante moitos anos como un dos mellores cuartetos de corda do mundo é famoso por representar a música checa por Europa, América e Oriente, gravou obras completas de Mozart, Beethoven e recibiu numerosos premios internacionais como “Diapasson d’Or”, “Grand Prix du Disque”, “Diapasson du siecle”, “Gold Disque” de Supraphon.

O Cuarteto Talich foi fundado en 1964 por Jan Talich durante os seus estudos no Conservatorio de Praga, sendo el mesmo sobriño do coñecido director de Orquestra Vaclav Talich titular da Orquestra Filharmónica Checa.

O cuarteto continúa a tocar con grande éxito en prestixiosos festivais como Festival de Prades, Festival Europalia, Printemps des Arts de Montecarlo, Vargas Tibor en Sion, Festival de Primavera de Praga, Festival Internacional de Cuarteto de Cordas en Ottawa.

Foi contactado pola fundación USC Shoah fundada por Steven Spielberg para traballar na gravación de obras de compositores clásicos para o documental sobre o holocausto “Inferno na Terra”.

Actualmente ten un amplo repertorio que inclúe desde os clásicos tradicionais ate Berg, Schoenberg, Bartok e Schostakovich do s. XX.

Noelia Rodiles

Formada nos conservatorios de Avilés, Madrid e Berlín na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid con Dimitri Bashkirov e Claudio Martínez Mehner, obtivo o premio á “alumna máis sobresaliente” nas cátedras de piano e música de cámara. Ten recibido clases maxistrais de Daniel Barenboim, Joaquín Achúcarro, Salomon Mikowski, Joaquín Soriano, Galina Eguiazarova, Elisso Virsaladze e Josep M. Colom entre outros.

A súa traxectoria inclúe concertos nas principais salas de España así como presentacións en Alemaña, Italia, México, Francia, Polonia, Tunisia, Bolivia e Xordania. Como solista ten tocado coa Orquestra da Comunidade de Madrid, a Sinfónica do Principado de Asturias, a Orquesta Heinrich Heine de Düsseldof, a Filarmónica de Querétaro (México), The Soloists of London, etc.

A sua calidade musical recoñecida en concursos nacionais e internacionais de piano como “Rotary Club” de Palma de Mallorca, “Ricard Viñes” de Lleida, Concurso Nacional de Piano “Ciudad de Albacete”, “Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes” de Juventudes Musicales de España na especialidade de música de cámara, ten sido cualificada como “un dos máis sólidos valores do pianismo español e do pianismo internacional”. O seu primeiro traballo discográfico obtivo o recoñecemento de “Excepcional do mes” da revista Scherzo.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close