fbpx

Concerto de TROVARE en Allariz

Compárteo!

Máis

1 Xuño, 2019 21:00 - 22:00

Fundación Vicente Risco

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

  • Localidade

    Allariz

Concerto de Trovare na Fundación Vicente Risco“Con herbiñas de namorar”. Concerto do grupo musical Trovare na Fundación Vicente Risco, en Allariz.
ENTRADA DE BALDE

TROVARE
No ano de 2016 un grupo de amigos, que se coñeceron cantando no coro de Vellos Amigos de Manuel de Dios xunto con outros que proceden doutras agrupacións musicais, deciden xuntarse coa intención de disfrutar da música activa. E dende aquela data forman o grupo TROVARE.

Dende o seu nacemento teñen realizado diversas actuacións na cidade de Ourense e diversos lugares da provincia como en Castrelo de Miño, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Celanova e Allariz. Colaboran habitualmente coa Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo.

Esta formación musical, tenta fuxir da axuda de medios técnicos e de son eabranguer un repertorio que vaia dende a música de raigame galega, cantigas propias así como músicas doutros lugares do mundo que son traducidas, xeralmente, ó galego.

Trovare esta composto, neste momento, por nove persoas: Sonia Montes e Rosa Araujo, sopranos; Flora López e Montse González, contraltos; Antonio Feijoo e Xabier Rodriguez, voz e mandolinas; Lorena Feijoo e Manuel Herminio Iglesias voz, guitarras e guitarlele; Jose Manuel Rivero, voz e percusións.

PROGRAMA:

Tres Cantigas galegas.
Arr. Manuel Herminio Iglesias

Con herbiñas de namorar • Tradicional irlandesa
Arr: M. Herminio

Fixen un maio • Poema de Antón Tovar
Manuel Herminio Iglesias

Como unha Amendoeira en Flor
Bo Hansson, Julio Dominguez

Un aradiño de pau
Manuel María, Fuxan os Ventos

Do mar pola orela
Luis Emilio Batallán, Arr. Julio Dominguez

Muiñeira de Chantada
Arr. Manuel Herminio Iglesias

Coro da primavera
José Afonso

Pandeirada de Ourense
Manuel de Dios

Quen poidera namorala
Luis Emilio Batallán

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close