fbpx

Concerto de Habelas Hainas no 6º Poemagosto

Compárteo!

Comeza en 25 Días, 15 Horas

12 Outubro, 2019 22:30

Museo do Coiro de Allariz

Rúa da Granxa, 3 Allariz Ourense

Organizado Por

Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz

Habelas Hainas no 6º PoemagostoA estas alturas xa todxs coñecedes as Habelas Hainas, o grupo tradi-folk formado por estas catro mulleres, Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo, cuxa música e espectáculo enriba do escenario axunta festa, reivindicación, baile e denuncia cunha forza e unha calidade excepcional tanto na súa música como nas súas letras cargadas de mensaxe dende unha ollada feminista e social.

“Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con HABELAS HAINAS!”

LOGO dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, en 2017 saía á rúa o seu disco “LIVRES E LOUCAS”.

ENTRADA ANTICIPADA: 5€ /  10€ entrada + camiseta do Poemagosto; talles e cores ata esgotar existencias).

Puntos de venda de entradas anticipadas:
– Na web: www.bencomun.gal/poemagosto
– Presencialmente en BenComún Espazo (Torre Lombarda, 1 Allariz) de luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 18h
– Presencialmente en Punto e Coma (Rúa da Paz, 15 Ourense) de luns a venres de 11h a 14h e de 17h a 20:30h e sábados de 11h a 14h.

Gustaríanos que entendésedes a adquisición desta entrada (5€ anticipada!) como unha COLABORACIÓN co Poemagosto, polo seu reducido prezo e porque o resto de actividades das 3 xornadas do festival son gratuítas.

Ó remate do concerto, xa coa entrada libre, continuará a festa coa música de Brigada SOUNDSapoconcho SemPoncho!
Brigada SoundBrigada Sound - Sapoconcho sem poncho

 

 

 

 

 

 

Servizo de bar e comidiña coa xente de Faíscas
FAÍSCAS POSTO COMIDA

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close