fbpx

Concerto de Fin de Ano da Banda de Verín

Compárteo!

28 Decembro, 2019 20:00

Auditorio Municipal de Lalín

Rúa Banda de Música de Lalín, s/n Lalín

  • Localidade

    Lalín

Foto de Banda de Lalín.

Achégamonos ao final do ano, tempo de facer novos propósitos para os vindeiros 365 días, e que mellor xeito de facelo con música?

Nun acto no cal se entregarán os Premios “Lalinenses do Ano” e no que actuará tamén a Coral Polifónica de Lalín, a Banda de Lalín baixo a dirección de David Fiuza ofrece o segundo programa da súa tempada “Sinfonía 0”, nesta ocasión baixo o título “SINFONÍAS PARA RECREAR: PAISAXES E FOLCLORES”. Da man de Kees VLAK, Joaquín TURINA e Serge LANCEN percorerremos a frondosa Selva Negra, admiraremos a Sevilla máis castiza e mergullarémonos no bulicio de Manhattan.

Que imos dicir? Pois coma sempre, que non agardedes que volo conten, que vos acheguedes a desfrutar da última cita musical do ano para desexarvos moita felicidade con todo o corazón, a emoción e a maxia dos sons!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close