fbpx

Concerto de Blues do País

Compárteo!

18 Maio, 2019 12:30

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Praza Maior, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Concerto de Blues do País Sesión musical con blues en galego dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional dos Museos.

O Museo Arqueolóxico de Ourense programou, entre outras actividades este concerto no xardín do Museo na Praza Maior, no que se ofrecerá música de calidade, en galego, mesturada con teatro, clown e improvisación a cargo de “Blues do País”.

Blues do País está formado por Bieitta James y Pepe King. Coñecidos porque nas súas actuacións demostran que se pode facer música blues en galego mediante reinterpretacións de grandes clásicos non exentos de retranca.

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade.

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close