fbpx

CONCERTO DE ANINOVO “EUROPEAN SINFÓNICA ORQUESTA”

Compárteo!

3 Xaneiro, 2020 20:00 - 22:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Tradicional Concerto de Ano Novo (valses, marchas e polcas). Obras da familia Strauss, Brahms, Puccini, Verdi, Tchaikovski, entre outros.

Orquestra e director: Formada polos mellores músicos das orquestras nacionais de Moldavia, Ucraína, Bielorusia, Rumania e España. Ten unha dilatada traxectoria Internacional na interpretación de concertos de tempada de Nadal. Realizou xiras en moitos países europeos, principalmente Francia, Alemania, Suíza, Bélxica, Noruega, España e Dinamarca. Estreitamente vinculada a prestixiosos músicos e directores como Alexandre Samueli, Michael Agafita, Nicolay Dohotaru, Alexey Baklan, Vladimir Sirenko .

Actualmente o seu Director Principal é Vladimir Vrubleskiy, que á súa vez é o Titular do Teatro Estatal da Ópera e Ballet de Kyiv, Director de Opéra Nacional de Kiev “ Taras Sevchenko”, e da Ópera Nacional de Odessa.

Os seus programas de concerto son variados abarcando desde grandes compositores clásicos como Beethoven, Mozart, Dvorak, Brahms, Debussy e Mahler ata clásicos rusos como Tchaikovski , Mussorgski, Rimski- Korsakov, Borodin, e os contemporáneos Prokofiev, Bornianskiy, Lisenko, Sviridov; sen esquecer as obras máis coñecidas dos irmáns Strauss: O Danubio Azul. Os Bosque de Viena, Voces de Primavera, A Marcha Radetzki, etc. que nunca faltan nos seus concertos.

Vladimir Vrublesky, director.

É un director creativo de gran precisión e calidade na súa batuta. Gran coñecedor do apartado operístico e delos grandes compositores sinfónicos. No ano 2002 funda A Real Kiev Filarmónica co apoio da Comunidade Relixiosa Evanxelista en Ucraína. Actualmente é director musical da Orquestra da Ópera Nacional “ Taras Sevchenko “ e director titular do Teatro Estatal Filarmónico . Director convidado nas orquestras de Jarkov, Minsk, Bucarest, Chisinau , Sofía (entre outras).

Programa

Parte I

Piotr Ilich Tchaikovsky(1840–1893)
Overtura Solemne 1812 en Mib op. 49
El lago de los cisnes Scéne Danza de los cuatro cisnes pequeños Vals
La Bella durmiente op. 66 Vals
El cascanueces Marcha Vals de las flores Pas de deux
Marcha Eslava op. 31

Parte II

Johann StraussII(1825–1899)
Die Fledermaus Overture
Tritsch-Tratsch Polka op. 214
Unter Donner und Blitz op. 324
Geschichten aus dem Wienerwald op. 325
Auf der Jagd op. 373
Josef Strauss(1827–1870) & JohannStraußII (1825–1899) -Pizzicato Polka
Carlos Gardel(1890-1935) Tango Bar Por una cabeza
Johann StraussII(1825–1899) An den schönen, blauen Donau
Johann StraussI(1804–1849) Radetzky Marsch

DÍA: 3 de xaneiro
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 2 horas
DESCANSO: Si
CLASIFICACIÓN: Música Clásica
PÚBLICO: Todos
TARIFA:
20€ – Butaca de Patio e Platea
20€ – 1º Andar
15€ – 2º Andar
12€ – Paraíso e VR

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close