fbpx

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

Compárteo!

Comeza en 1 Mes, 17 Días

7 Xuño, 2019 21:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Orquestra Sinfónica de GaliciaCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores no cinco continentes a través da súa canle de YouTube.

A OSG, cuxo director titular desde a tempada 2013-14 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario. Foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.

Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono a OSG conta con solistas como Anne-Sophie Mutter, Isabelle Faust, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Grigory Sokolov, Frank Peter Zimmermann, Maria Joao Pires, Elisabeth Leonskaja, Dmitri Sitkovetsky, Stefan Dohr, Alica Sara Ott, Gil Shaham, Sarah Chang, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Mischa Maisky, Javier Perianes ou Christian Lindberg entre outros moitos.

DIRECTOR: Paul Goodwin

DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Si
CLASIFICACIÓN: Música clásica
PÚBLICO: Todos
TARIFA:
20€ – Butaca de Patio e Platea
20€ – 1º Andar
15€ – 2º Andar
12€ – Paraíso e VR

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close