Máis
20 Xuño, 2020 11:30
Campo da Barreira, Allariz
Localidade
Allariz
Correo-e de contacto
SAE Á RÚA POLA SANIDADE PÚBLICA!
CONCENTRACIÓN SÁBADO 20 XUÑO ÁS 11:30h
CAMPO DA BARREIRA – ALLARIZ (OURENSE)
NUNCA MÁIS MORTES EVITABLES
NUNCA MÁIS NEGOCIO COA SANIDADE
A crise do coronavirus destapou a situación do sistema sanitario no estado español. Anos de privatizacións e recortes plasmáronse no espectáculo destas semanas: atención primaria sen medios para conter a epidemia, hospitais colapsados con pacientes no chan, profesionais obrigados a decidir a quen intentaban salvar a vida por falta de respiradores, residencias de anciáns nas que infeccións e mortes sen atención foron a tónica xeral, centros de persoas discapacitadas psíquicas, cárceres e CETIs dos que nin se fala…
Hai responsables: políticos que aprobaron a Lei 15/97 ou a mantiveron, sindicatos domesticados que non defenderon o interese xeral, empresas e fondos de capital risco que se lucraron con estas privatizacións, xuíces que non viron ningún problema nas leis que desmontaban a sanidade… e a gran maioría da poboación que se mantivo en silencio mentres todo isto ocorría, pensando que non lle afectaba. Hoxe, a realidade é outra. Todos e todas perdemos ou coñecemos a alguén que morreu por falta de asistencia ou deficiencias na atencións.
Non podemos volver á situación de partida. Os de sempre pretenden facer táboa rasa e volver á situación previa, na que o sistema xa estaba desmantelado. En xuño de 2019, segundo cifras oficiais, convenientemente maquilladas, case 700.000 persoas esperaban unha intervención cirúrxica, e 2.400.000 a primeira consulta co especialista. Mentres, os seguros privados (eses que desapareceron na pandemia) non pararon de medrar e facer caixa aproveitándose de nós.
Agora non queremos promesas de blindaxe na Constitución, nin comisións parlamentarias, nin libros brancos para «reconstruír a sanidade»… elaborados polos que nos levaron a esta situación. Este problema é de todos e todas. É o momento, e a responsabilidade é nosa. Temos a obrigación de saír á rúa. Non un día nin dous, senón todos os que sexan necesarios para obrigalos a blindar a sanidade, reverter o privatizado, expulsar o ánimo de lucro da atención sanitaria, establecer un sistema digno de coidado dos nosos maiores. Para centrar o sistema na prevención e na actuación contra os produtores de enfermidade… é dicir, para previr o que non sabemos curar. Para que os nosos cartos se dediquen a garantir o interese xeral.
CANDO O LUCRO ENTRA POLA PORTA, A SAÚDE SAE POLA XANELA. A PRIVATIZACIÓN MATA
1. DERROGACIÓN DA LEI 15/97 E DO ARTIGO 90 DA LEI XERAL DE SANIDADE. RESCATE DE TODO O PRIVATIZADO. POTENCIACIÓN DA ATENCIÓN PRIMARIA CENTRADA NA SAÚDE COLECTIVA. FÓRA AS EMPRESAS DA SANIDADE.
• A derrogación da Lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade impediría a xestión privada da sanidade e dos servizos socio-sanitarios públicos.
• Rescate de todo o privatizado. Incompatibilidade absoluta público-privado. Sancións aos centros privados que non utilizaron os seus recursos ou fecharon en plena pandemia.
• A supresión dos convenios permitiría dedicar ese diñeiro á reapertura das camas e servizos que foron fechados, o aumento de persoal e utilizar ao 100% os recursos públicos.
• Débese dedicar á Atención Primaria, como mínimo, o 25% do orzamento sanitario incluíndo atención integral á reprodución e á sexualidade, así como atención odontolóxica e xerontolóxica.
• Potenciación dun modelo centrado na saúde colectiva e non só na atención individual, dirixindo as tarefas a diminuír a medicalización.
• A atención primaria debe recuperar as actuacións contra os produtores de enfermidade, primando sempre o principio de precaución.
2. POR UNHA INDUSTRIA SANITARIA E FARMACÉUTICA PÚBLICA.
• A investigación, fabricación, distribución e dispensa de medicamentos deberán estar sometidas á planificación estratéxica do Sistema Nacional de Saúde.
• Creación dunha Industria Farmacéutica Pública que se ocupe da investigación, fabricación e distribución.
• Inicio dos estudos necesarios para desenvolver unha industria sanitaria para aqueles elementos esenciais dentro do SNS: material de protección (máscaras, EPIs, etc.), respiradores, test diagnósticos, etc. É posible fabricar ditos produtos a escala europea ou, polo menos, cos países máis próximos.
3. SANIDADE PARA TODOS E TODAS, INDEPENDENTEMENTE DA SITUACIÓN ADMINISTRATIVA.
• Hai que garantir o acceso á asistencia sanitaria e de saúde para todas as persoas, eliminando todas as barreiras administrativas que condicionan a obtención da Tarxeta Sanitaria.
• Esiximos que nos devolvan o dereito á saúde que nos foi roubado e se implante de xeito inmediato unha sanidade pública, universal, gratuíta no momento do uso, de
calidade para todos e todas, sen requisitos nin excepcións, incluídas as persoas migrantes en situación irregular.
4. COIDADOS DIGNOS PARA OS NOSOS MAIORES.
• Esiximos investigación e transparencia ante os posibles casos de neglixencia e maltrato nas residencias durante a pandemia da COVID-19.
• Hai que atender á dependencia con dignidade, adaptada e centrada nas necesidades das persoas.
• Queremos que as residencias sexan de titularidade e xestión 100% públicas, vinculadas ao SNS a través da Atención Primaria. Ningunha contraprestación a empresas co pretexto da crise. Nunca máis cartos públicos para o negocio privado!
5. POR UN SISTEMA SANITARIO CENTRADO NOS DETERMINANTES SOCIAIS DA SAÚDE E DA ENFERMIDADE.
• Queremos un Sistema de Saúde centrado nos determinantes sociais da saúde e a enfermidade, baseado na prevención que planifique a súa actividade de xeito coordinado con outros sectores sociais.
• É necesario establecer prioridades baseadas na redución das desigualdades sociais, na mellora do estado de saúde da poboación e na inversión en benestar social.
• Os aspectos relacionados coa saúde laboral deben pasar a ser competencia do Sistema de Saúde coa autoridade para intervir sobre as condicións de traballo.
POR UN SISTEMA PÚBLICO, UNIVERSAL E CON XESTIÓN DEMOCRÁTICA
COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
correo-e: coordantiprivatizacionsanidade@gmail.com