fbpx

Concentración en defensa da Sanidade Pública

Compárteo!

12 Xuño, 2021 13:00

Campo da Barreira, Allariz

  • Localidade

    Allariz

Concentración en defensa da Sanidade PúblicaQUE ESTÁ PASANDO COA SANIDADE PÚBLICA? 
QUEN SON OS RESPONSABLES?
• Máis dun ano despois do comezo da pandemia, o deterioro da sanidade pública é cada día maior. Antes de empezar co COVID xa estaba colapsada tras décadas de recortes e privatizacións. O persoal sanitario, aplaudido hai uns meses, agora está esgotado e desmoralizado.
• A maior parte do diñeiro foi parar a empresas privadas: rastrexadores, probas diagnósticas, fármacos de dubidosa eficacia, vacinas e hospitais innecesarios, mentres permanecen cerradas miles de camas en hospitais públicos.
• Outro tanto vai suceder cos Fondos Europeos: irán engrosar negocios privados e despois pagarémolos nós como Débeda.
• Ante as enormes listas de espera que producen mortes evitables por diagnósticos tardíos (o 20% dos cánceres), lonxe de reforzar a sanidade pública, os gobernos aumentan os contratos das patoloxías máis rendibles coa sanidade privada.
• As demoras na atención sanitaria pública levaron a moita xente desesperada a facerse pólizas con aseguradoras privadas. Estas, en 2020, gañaron máis diñeiro que nunca: 9.000 millóns de facturación e once millóns de clientes. Case 1 de cada 4 persoas ten un seguro privado a nivel estatal.
• Nas residencias de maiores, case todas privadas e con condicións penosas, producíronse case a metade das mortes totais por COVID. As denuncias das familias por deixaren morrer aos seus seres queridos son arquivadas polos xuíces.
• Mentres as patentes protexen os multimillonarios negocios das multinacionais farmacéuticas, os gobernos non adoptaron medidas preventivas e de saúde pública básicas como a actuación sobre o amoreamento en vivendas e transportes, detección precoz e illamento de casos, etc.
EN RESUMO:
• ASISTIMOS AO DESMANTELAMENTO DA SANIDADE PÚBLICA E AO SAQUEO DOS FONDOS PÚBLICOS PARA QUE A EMPRESA PRIVADA FAGA, MÁIS QUE NUNCA, O SEU AGOSTO.
• NON SÓ SE TRATA DUN ROUBO, SENÓN TAMÉN DUN CRIME, PORQUE O PAGAMOS COA NOSA SAÚDE E AS NOSAS VIDAS.
• ESTE ATAQUE COTIÁN AOS NOSOS DEREITOS REALÍZASE AO ABEIRO DE LEIS ESTATAIS VOTADAS POLA DEREITA E A SUPOSTA ESQUERDA E COA COMPLICIDADE DIRECTA DE GOBERNOS DE TODAS AS CORES POLÍTICAS.
SÓ A RESISTENCIA E A MOBILIZACIÓN POPULAR PODEN PÓR FIN A ESTES EXCESOS.
EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA: FÓRA AS EMPRESAS DA SANIDADE!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close