fbpx
MARUXA P-90 Sabrafén Luthier
www.sabrafen.com

Commedia

Compárteo!

19 Decembro, 2019 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Espectáculo teatral a cargo de Contraproducións.

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia, un juguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego con máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisítase aquela experiencia.

Arlecchino atopa unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero é detido por unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano ou a encantadora Arxentina…

Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, da pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.

Elenco:
Víctor Mosqueira
Marcos Orsi
Nuria Sanz
Sergio Zearreta
Avelino Gonzálezç
César Goldi

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close