Máis
3 Abril, 2020 21:00
Centro Cultural Avenida (A Rúa)
Rúa do Progreso, 90, 32350 A Rúa, Ourense
Localidade
A Rúa
O ESPECTÁCULO DE HUMOR #CÓMICAMENTE LEVA OS MONÓLOGOS ATA A RÚA
O humor de tres grandes cómicos e actores galegos chegará á Rúa co espectáculo #CÓMICAMENTE, que se suma á programación da #OurenseICCWeek20, que leva así tamén as súas actividades culturais e de lecer a diversas localidades da provincia.
Entradas: entradas.ataquilla.com
Tres monstros -da comedia- chegan á localidade ourensana da Rúa: O das patillas, o das mans grandes e a de Vivir sin permiso, como eles mesmos se definen, –Sergio Pazos, David Amor e Ledicia Sola– son os protagonistas desta cita co humor. Os tres reúnense neste espectáculo creado por Etiqueta Negra Producciones para a #OurenseICCWeek20 e xuntos trasladarannos aos tempos do apoxeo dos monólogos, ao máis puro estilo da stand up comedy.
De que rin no show? A pregunta é de que non. As risas que provoca #CÓMICAMENTE poden ser tímidas ou ególatras, culpables ou gozosas, marmuradas ou a gargalladas…pero sempre son de verdade. Para os eternos fans da stand-up comedy, este espectáculo é unha cita imprescindible, xa que condensa o mellor dos seus tres protagonistas.
A cita para para gozar #CÓMICAMENTE by OURENSE ICC WEEK é o vindeiro 3 de Abril na Rúa, no Centro Cultural Avenida – A Rúa, ás 21.00 horas. As entradas xa están á venda en Entradas Ataquilla.com, e tamén no Centro Cultural Avenida desa localidade.
Espectáculo recomendado para maiores de 16 anos.