fbpx

Código. Maxia con Dani García en Barbadás

Compárteo!

15 Marzo, 2019 19:00

Casa da Cultura Manuel María. A Valenzá, Barbadás

Casa da Cultura Manuel María (A Valenzá)

  • Localidade

    Barbadás

Código. Espectáculo de maxia de Dani GarcíaO mes de Marzo é o mes da MAXIA EN BARBADÁS. Iniciamos unha vez máis o ciclo TERRA MÁXICA na que pasarán polo Auditorio Manuel María de Barbadás, os mellores espectáculos de máxia do momento en Galicia.
Iniciamos este ciclo con DANI GARCÍA que nos presenta o espectáculo “CÓDIGO”

Sinopse:

CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito? Así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.

Entrada libre ata completar aforo.
Espectáculo para todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close