fbpx
MARUXA P-90 Sabrafén Luthier
www.sabrafen.com

Charla: Liberdade de Pensamento, Crenzas Absurdas e Innumerismo

Compárteo!

19 Xaneiro, 2020 12:00 - 14:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Charla Liberdade de Pensamento Crenzas Absurdas e InnumerismoA calidade do noso pensamento depende de maneira crucial da calidade da linguaxe que usamos para construílo. Existe unha clase de linguaxe, relacionada coa habilidade de manexar números, que en xeral non estamos afeitas a usar na nosa vida cotiá.

A través do diálogo coas asistentes, embarcaremos nunha viaxe entre preguntas ás que, de primeiras, pensariamos non poder contestar pero cuxa resposta pode ser obtida a partir do noso coñecemento corrente, debido a que nos apropiamos da devandita clase de linguaxe.
Debateremos como a renuncia a ela afecta a nosa sociedade, levando a aceptar absurdos enfoques e crenzas, e, consecuentemente, a elixir que o noso pensamento non sexa realmente libre.

A charla-debate será conducida por Paolo Benincasa.

Profesionalmente, Paolo é “Assistant Professor” na Niels Bohr International Academy, unha unidade de excelencia no Niels Bohr Institute da Universidade de Copenhaguen, onde se ocupa de investigación en física teórica de partículas e cosmoloxía.

https://nbia.nbi.ku.dk/members/benincasa/

“Sigo convencido de que o coñecemento é unha ferramenta de emancipación tanto individual como da sociedade, e esta idea é a miña motivación principal tanto para adquirir novo coñecemento como para levar o que xa adquirín fóra do ámbito académico e da educación formal. Isto estase concretando no curto prazo na participación na Folkets Universitet (Universidade popular) en Copenhaguen.”

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close