fbpx

CERVEXAS CASABLANCA DEGUSTACIÓN EIDOS DE IRIA

Compárteo!

4 Outubro, 2019 19:00 - 23:00

CASABLANCA ALE fábrica cervexa

Marcelo Macías 121 32002 Ourense

Pepe G. Barroso Elaiólogo de EIDOS DE IRIA (A Illa, Entrimo), seguindo as receitas da súa avoa Benita, elabora unhas exquisitas olivas aliñadas: olivas con queixo, con laranxas, con limóns…Os aceites Picual, Arbequina e Ecolóxico completan un catálogo de excelencia. A pasión pola oliveira trasládase en cada un dos produtos. Pepe presentará na CASABLANCA todas estas maravillas.

Que mellor parella para unha cervexa!!! Achégate o venres día 4 ao noso espazo.

A fábrica de Cervexas CASABLANCA ALE, en Marcelo Macías, é unha antiga fábrica de gaseosas reconvertida, que conta cun espazo de degustación (brewpub) e un pequeno xardín, abertos ao público de mércores a Domingo. Organiza visitas a súa fábrica e regularmente encontros, polo común de tipo gastronómico, nos que produtores de proximidade e apasionados da cociña dan a coñecer o seu labor. Creando unha comunidade variopinta e sorprendente entorno á cervexa.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close