fbpx

CERVEXAS CASABLANCA DEGUSTACIÓN CORTES DE MUAR

Compárteo!

3 Outubro, 2019 19:00 - 23:00

CASABLANCA ALE fábrica cervexa

Marcelo Macías 121 32002 Ourense

Germán e Rita da queixería CORTES DE MUAR son dous irmáns que elaboran os seus queixos con leite ecolóxico procedente das raiñas (como eles gustan de chamar as vacas de pastoreo que polas noites volven á “Corte”). As súas variedades de queixos con nome propio, Mimosa, Marquesa, Marela Marigold, Marianne, etc., son feitos a man en producións limitadas. Diferentes tempos de maduración, de afinado, curados en herba, madurados en mantequilla…todo un pracer polo que xa teñen recibido diferentes recoñecementos no prestixioso concurso World Cheese Awards.

Ven coñecer este fantástico proxecto disfrutando destas xoias acompañadas dunha cervexa CASABLANCA nun espazo diferente.

A fábrica de Cervexas CASABLANCA ALE, en Marcelo Macías, conta cun espazo de degustación (brewpub) e un pequeno xardín, abertos ao público de mércores a Domingo. Organiza visitas a súa fábrica e regularmente encontros, polo común de tipo gastronómico, nos que produtores de proximidade e apasionados da cociña dan a coñecer o seu labor. Creando unha comunidade variopinta e sorprendente entorno á cervexa.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close