fbpx

Centenario da Coral de Ruada. Concerto Entre Amigos no Auditorio

Compárteo!

12 Abril, 2019 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Coral de Ruada De Ruada entre amigos

Coral de Ruada De Ruada entre amigos

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto De Ruada entre amigos, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas até o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedasen entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes.

O concerto, organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura e a Coral de Ruada, contará coa participación de agrupacións de música tradicional senlleiras como Rebulir, Gomez Mouro, Os Melidaos, Treixadura e Luar na Lubre, que quixeron sumarse a esta celebración, na que colaboran tamén a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Obra Social “la Caixa”, Anpian, Cabú, Bodegas Arnoya e Estrella Galicia.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close