Máis
7 Novembro, 2020 21:00 - 22:10
Hotel Oca Vila de Allariz
Paseo Do Arnado Esq. Rua o Fuxon 32660 Allariz Ourense
Organizado Por
Fundación Vicente Risco
Localidade
Allariz
O Ciclo de Cinema mudo con Música en Directo de Caspervek, organizado pola Fundación Vicente Risco ten o pracer de presentar esta tan especial proxección de ‘O estudante’, de Buster Keaton.
Esta proxección conta coa colaboración especial do Hotel OCA Vila de Allariz, que se converterá para a ocasión nunha sala de cinema o próximo 7 de novembro, ás 21:00 horas
A Fundación Vicente Risco e Caspervek Trío volven traer as delicias do cinema clásico mudo ata Allariz, esta vez coa estrea de «O estudante» («College»).
A estrea desta banda sonora, con música en directo, contará coa colaboración da saxofonista Andrea González como convidada especial!
E todo mentres gozamos das peripecias do impasible e grandísimo « Buster» Keaton.
A inscrición farase a través do correo-e luisrisco@fundacionvicenterisco.com ata o día 6 de novembro.
A entrada ten un prezo de 6€
Mecenas, socios e colaboradores da Fundación Vicente Risco: 3€